miércoles, octubre 9, 2024
InicioCultura marineraXII Mercado das Rutas do Mar en Muxía

XII Mercado das Rutas do Mar en Muxía

Sábado 11 e domingo 12 de agosto .Muxía celebra a duodécima edición do mercado das «rutas do mar» esta próxima fin de semana. O sábado 11, terá lugar o pregón a cargo do muxián José Manuel Carballo Ríos no «Cabo da Vila». 

Ao longo do día haberá diferentes actividades cun amplo cartel de actuacións musicais con  Carcaxía de Malpica, Abrindo Rejo, Tanto nos Ten, Nin chicha nin patacón, Os Polilleros, Xaramiños do Corpiño, Abaladeiras de Muxía, Nordés, Tequexeteldere, Orquestra Xeirado e Rumbia. Haberá monicreques, xogos para os nenos, o sorteo dun bonito e un espectáculo pirotécnico ás 24 h.

Domingo con degustación de peixe

 O domingo tamén haberá distintas actividades durante toda a xornada, incluíndo unha degustación de peixe(22:30 h). A música correrá por conta dos s terribles de Doas, Ghazafellos, Nin chicha nin patacón, Xaramiños do Corpiño, Abaladeiras de Muxía, Os Rebentos dá Cruña, Os Viqueiras, Nordés e Faíscas de Pontagra.
Durante as dúas xornadas poderase gozar da gastronomía local e tamén das ofertas dos postos instalados para a ocasión.

Félix Porto:» Unha reflexión espontánea das xentes de Muxía»

Organiza este evento o concello de Muxía. O seu alcalde, Félix Porto Serantes, sinala que  «o Mercado das Rutas do Mar é unha reflexión espontánea e sinxela das xentes de Muxía sobre aquelo que nos ser quen somos e que se lle ofrece a quen nos visita para que nos coñeza». O rexedor indica que esta festa mariñeira «vai gañando en consolidación e participación».
 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS