miércoles, septiembre 18, 2024
InicioCultura marineraPaula Mouzo, a percebeira que aspira a ser alcaldesa de Camariñas

Paula Mouzo, a percebeira que aspira a ser alcaldesa de Camariñas

Fotos (c) Ofelia de Pablo y Javier Zurita para proyecto Indómitas

Paula Mouzo é percebeira, casada con outra percebeira, Rocío; nai dunha nena, Vera. É a primeira muller candidata do PP a alcaldía de Camariñas.


Esta muller que rompe moldes nas filas conservadoras, Paula Mouzo Más, criouse nun negocio familiar, no popular barrio de Corea en Camariñas.


É unha profesional do mar, pero tamén unha muller creativa e tirada para diante, amante dos retos, da iniciativa. De moza foi cantante, gravou un disco. Sabe o que é o traballo de oficina e erguerse cedo para ir a obra.


Desde os cinco anos o seu hobby era vestir a funda azul e acompañar ao seu pai ás obras, a pasar cables. Os seus xoguetes, a caixa de ferramentas. O seu pai foi o seu mestre de electricidade.Aprendeu fontanaría co seu curmán e carpintaría co seu avó. Especializouse en deseño gráfico de mesas de cociña e montaxe.

Foto-Adiante Galicia


A súa nai foi a súa primeira mestra de contabilidade, seguía a súa formación neste senso. Pero sempre lle gustou mais o traballo a pé de obra que a oficina.Bisneta dun percebeiro, muller dunha percebeira, tiráballe o mar.


Así embarcou nunha nova aventura vital e profesional con Rocío, gobernando unha embarcación; como percebeiras de Camariñas. Compraron a primeira embarcación aos «gemelos de Santa Mariña», os irmáns Baldomar. E tamén traballou a carón das percebeiras da confraría de Camelle. Coas súas compañeiras de Camelle, Arou, Santa Mariña.


Deportista desde nena, xogaba ao fútbol sala e agora ao fútbol no equipo local no estadio Irmás Patiño do seu pobo natal. Sabe do valor do sacrificio, o compañeirismo, o traballo en equipo na procura dun obxectivo común.

Actividade política


Leva catro anos como concelleira popular, gañando experiencia na faceta de servizo aos demais na política municipal. Unha muller brava e traballadora, ben coñecida polos homes e mulleres do mar de Camariñas, Camelle, Arou, Santa Mariña.

Asegura que quere «converter Camariñas na capital da pesca, o turismo e a economía da Costa da Morte». Critica «o desastre económico do goberno socialista de Camariñas que nos deixa 2,6 millóns de euros de débeda». E a perda de 2.000 veciños nas décadas de gobernos do PSOE.


E non dubida en pedir “un bo lanse” á Virxe do Carme para liderar un cambio político en Camariñas.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS