As localidades de Camelle e Arou acollen “o meirande programa cultural dedicado a un naufraxio en Europa”, segundo explican desde a organización, formada pola asociación Naufraxios Galegos e o concello de Camariñas.
Este venres ás 12 do mediodía será a inauguración do evento e da Feira mariñeira. E posteriormente terá lugar a inauguración da exposición “City of Agra: 126 anos na memoria”.
Pola tarde haberá unha visita guiada á exposición (19,30h), a entrega de premios do IV Concurso de Escafandros(21,00h), a obra de teatro “Cas Eulogia”(21,30h), e o concerto de O Pau que Vira(23,30h).
Na mañá do sábado 8 de xullo haberá un roteiro animado(10,30h) e unha sardiñada amenizada por Os Sib Do Solpor( 14,00h).

Concerto de Belém Tajes
Xa pola tarde, celebrarse un partido de fútbol (British vs Camelláns, 17h), unha visita guiada á exposición(19,30h), unha Foliada na que participarán grupos de toda a comarca(20,30) e a Arribada dos náufragos do City of Agra ambientada por “O Pau que Vira”. Culminará a xornada cun concerto de Belém Tajes (00:15h).
O domingo hai varias actividades, como Ioga na praia, homenaxe dos nenos de Camelle ós náufragos da Costa da Morte, e recepción dos náufragos por parte das autoridades(13h).
Pola tarde, desde as 18,00h terá lugar a entrega dos premios do III Concurso de Tapas, da mellor fachada mariñeira e do mellor posto da Feira para rematar coa representación da obra “O bar de Chirivito”.
Durante as tres xornada estará aberta a Feira Mariñeira e o concurso de tapas con especias do City of Agra.
Foto portada- Víctor Hugo