viernes, diciembre 13, 2024
InicioCultura marineraA procesión marítima da Virxe do Carme de Muxía: 55 anos de...

A procesión marítima da Virxe do Carme de Muxía: 55 anos de historia salpicada entre fe e salitre

Dedicado a patróns,armadores e familias muxiás que viviron estas festas con entusiasmo e emoción salpicada entre salitre do mar na vila de Muxía.

A historia da procesión marítima da virxe do Carme de Muxía empeza no ano 1968 por Fernando Carrera,cando se fai a primeira con total éxito,aquí ao coincidir o festexo de ambas virxes do Carme de Muxía e Camariñas chegaron ao acordo de aprazar o festexo da virxe do mar de Muxía a seguinte semana de Xullo.

A procesión marítima de Muxía sempre se realizou a mañá do Domingo, só que nas ultimas edicións dos anos noventa decidiuse facer o Sábado,aínda que tamén hai que recalcar que a finais dos anos 80 ata o ano 1994 a procesión facíase á tarde,mais tras unha reunión ca comisión de festas e os armadores da frota muxiá decidiuse restabelecer ese ano a procesión á mañá e non á tarde como se estaba facendo nas últimas edicións por aqueles anos.

A procesión marítima con case 60 embarcacións

Antes da década dos 70 a procesión marítima da virxe do Carme de Muxía era unha procesión humilde e pequena,formada maioritariamente por pequenas motoras,lanchas e embarcacións de artes menores, mais ao medrar a frota con motivo do descubrimento do caladoiro do Canto,a frota aumentou de forma abraiante,sendo unha procesión marítima con moita fama na zona polos seus grandes e ben fermosos cascos de madeira que o porto posuía.

A procesión de Muxía chegou a levar case 60 embarcacións de todos os tamaños, que percorrían a ría chegando a Camariñas, dando duas voltas en Merexo e tirando unha coroa fronte o Santuario de Nosa Señora da Barca.

A veciñanza desta terra salpicada polo salitre do mar desde as suas orixes lembrase ben de aqueles anos,lémbranse de felicidade,emocións,de momentos,anécdotas graciosas e fermosas que quedaran sempre gardadas nas súas retinas,porque aínda que pareza mentira,uns barcos,unhas flores,e unha virxe poden unir por completo a unha vila enteira de a penas 1.500 habitantes,todas elas co mar correndo polas súas veas. «Familias e unha vila enteira unida por barcos e unha virxe» podería ser o resumo destas festas.

Por desgraza nos últimos anos a supervivencia do sector pesqueiro está sendo complicada e a frota baixou de maneira radical a principios do século XXI,e as normas neste tipo de procesións son estritas e supoñen unha gran responsabilidade para a familia armadora e para o patrón de acontecer algún accidente a bordo,tendo unha gran responsabilidade tanto civil como xudirica, isto fai difícil a supervivencia de este tipo de tradicións,moitas mais procesións marítimas acabaran morrendo,e algunhas xa están dando os seus últimos suspiros nestes últimos anos,con isto acaba moitos símbolos de identidade de moitas vilas mariñeiras coma Muxía.

A procesión marítima de Muxía este ano e a primeira vez que non se celebra por estes motivos(,aínda que houbo unha que outra vez coma en 2008 que a imaxe quedou en terra) e se segue así non vai ser nin a primeira vez nin a última.

A TALLA E A DEVOCIÓN DA VIRXE DO CARME DE MUXÍA

Os primeiros indicios de devoción a virxe do Carme en Galicia son do século XVI,mais a partir do século XVIII esta devoción a virxe en Galicia medrou tanto que houbo vilas que se viron na obriga de facer confraría. Así que a imaxe,a talla de madeira policromada da Virxe do Carme de Muxía data do segundo terzo do século XVIII,é dicir de é estilo barroco,e descoñecese o autor do imaxe.

Acabo esta reportaxe substituíndo un punto final por unhas palabras,ou mellor dito, invito que o lector ao estar lendo esta reportaxe recorde todos os momentos que viviu do Carme de Muxía antes de acabar de ler e que poida volver a ouvir as buguinas tocar,o ruído dos motores soar ,o son do mar batendo contra os cascos,os berros da xente,a cor daquelas bandeiras que penduraban dos barcos,os pitos dos pesqueiros tocar,e das 21 bombas de palenque estoupar. Mentres que o lector recorde isto a procesión marítima do Carme de Muxía nunca morrerá para os muxiáns… Só morre cando se esquece,ou iso é o que din…

FONTES: Hemeroteca La Voz de Galicia,Arte Relixioso no Arciprestazgo de Nemancos(A Coruña). Séculos XVII-XX. Arte moble. (Tese doutoral Eva María Lopez Añón.)

FOTOS: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUXÍA.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS