sábado, julio 13, 2024
InicioCultura marineraNove Mares despídese no Coído de Sabadelle

Nove Mares despídese no Coído de Sabadelle

O proxecto «Nove Mares: a cultura marítima da Costa da Morte», promovido pola Fundación Eduardo Pondal e co apoio do GALP Costa da Morte chega este sábado ao coído de Sabadelle (Carantoña-Vimianzo).

Os organizadores anuncian unha «despedida do programa por todo o alto» este sábado día 15 de xuño as once da mañá, coa saída desde o museo Man de Camelle ata Sabadelle. Farán un obradoiro poético do mar no coido de Sadadelle. Visitarán logo o Castelo de Vimianzo para falar das conclusións de Nove Mares.

Acompañarán a esta xornada final o poeta e narrador Rafael Lema e Ricardo Álvarez do proxecto «Auga de mar». Contan con servizo de bus dende a sede da Fundación Eduardo Pondal no Couto-Ponteceso as 10.00 horas e dende o restaurante Vía Rápida en Vimianzo media hora máis tarde. O acto pon fin ao espazo xerador de cultura sobre Letras do Mar.

Proxecto Nove Mares

O proxecto Nove Mares promover espazos participativos ao longo de 9 concellos da liña costeira, indagando sobre a relevancia da cultura mariñeira para o territorio, como un dos principais motores de identidade diferencial e desenvolvemento socio económico da Costa da Morte. O final do proxecto construirá un arquivo colectivo de potencialidades e iniciativas culturais xeradoras de desenvolvemento socio económico na zona.

Nove Mares iniciou o seu percorrido cunha serie de entrevistas ás principais referencias culturais, económicas e sociais do territorio, para nutrir de contidos os Encontros Xeradores de Cultura, nos que contaron con referentes inviduais e colectivos arredor de distintas temática.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS