domingo, febrero 8, 2026
InicioCultura marineraExposición de maquetas navais de Severino Balseiro

Exposición de maquetas navais de Severino Balseiro

O maquetista da Real Liga Naval Española Daniel Anido estivo na exposición doutro colega de oficio, Severino Balseiro en Celeiro.

Según a súa apreciación estamos ante unha «Impoñente exposición dun dos grandes do oficio. Se xa de por sí Celeiro e Viveiro son lugares máxicos, as suas xentes e a arte do mestre Severino Balseiro Pardo, que documenta sen parangón a flota da vila de Celeiro, plasmandoa en detallados modelos a escala, motorizados, lastrados e funcionais, non pode deixar indiferente a ninguén». «Temos anos de estudo gardados nesas vitrinas no Pósito da vila» indica Anido.

«E por se fose pouco todo esto, a agrupación Sons de Celeiro, garda baixo notas musicais, ritmos, voces e instrumentos, cada unha das historias do mar, de esas vilas, pero tamén de Galicia enteira» recorda o artista de Malpica.

Anido está a punto de finalizar a súa maqueta da nao San Francisco, deixando conformadas as seccións mestras e a forma da obra viva do navío. «Agora seguiremos con outros reforzos, o forrado inicial, e a conformación da batería de primeira cuberta que irá pechada» informa o artesano.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS