domingo, febrero 15, 2026
InicioCultura marineraOs homes do ferro. Crónicas do mar galego 3. Pata de Pau...

Os homes do ferro. Crónicas do mar galego 3. Pata de Pau en Razo

OS HOMES DO FERRO. CRONICAS DO MAR GALEGO. PATA DE PAU EN RAZO. RAFAEL LEMA E CARLOS SAN CLAUDIO

Dous amantes do mar, un home do ferro e un escritor, unha libreta de notas, unha terraza en Camariñas, un paseo por Camelle, un xantar na Ponte do Porto. E van saindo crónicas do mar levado polo tempo, recordos dos que xa non están atrapados ao voo das lembranzas do mergullador e amañadas polo escribano. Crónicas a dúas mans que falan dunha xente ferida polo vento e dun país con sal nas veas.

Crónica anterior

3

PATA DE PAU EN RAZO

Unha vez contoume un vello mergullador por qué sempre que puido pasou a súa vida traballando debaixo do mar. Contaba que nacera no pobo de Razo e padecía unha rara enfermidade desde o nacemento que lle producía uns vértigos moi grandes. Dicía que non era capaz de pasar por riba dunha ponte ou atravesar unha pasarela sen marearse. Foi un día, tendo uns 15 anos, cando estando na praia en Baldaio coñeceu a uns buzos ingleses que paraban alí, na pensión que rexentaba súa nai.

Estaban traballado nos restos do Nord, naufragado no lugar. A estes ingleses facíalle falta un axudante que coñecerá algo a contorna e lles fixera de recadeiro. E foi aquí onde Pepe, que así se chamaba o mergullador, entrou en contacto co fondo do mar. Un día que no había que facer Pepe díxolle aos buzos ingleses se lle deixaban vestir a escafandra e ir ao fondo para velo e experimentar iso. Contoume Pepe que en toda a súa vida de mergullador, que continuou tras aquel encontro co fondo, nunca tivo vértigo.

No fondo gostaba de brincar entre os ferros submerxidos ou atravesar canóns submarinos saltando de pedra en pedra. Acostumaba a dicir «o Buzo non ten vértigo» e todos asistiamos. As veces, xa xubilado, cando se encontraba aburrido na taberna e vía algún turista, xogaba a facerse o deprimido. Ata que a vítima caía.Teño visto durante horas a algún dándolle consolo. Pepe repetía «Me voy a tirar al mar, me voy a tirar al mar» e o turista (case sempre), oíndo isto achegábase e falaba con el, trataba de consolalo, preguntando cal era súa desgraza, rogándolle que recapacitase. Cando Pepe cansaba xa de tanto conto repetía por última vez, xa en voz alta: «me voy a tirar al mar, pero coa marea baixa».

Todos ríamos. A vítima cabreada marchaba da taberna, deixando atrás a eses tolos xubilados do mar. A Pepe faltáballe una perna, que perdera nos últimos tempos traballando na construción do porto de Caión, aplastada entre uns bloques que estaba colocando. E esa foi a súa definitiva obra. Pepe moitas veces tamén xogaba a qué ía andando e lle caía a perna de pau no chan. Disfrutaba vendo como se formaba un coro de xente ao seu arredor para intentar colocarlla de novo. Confeso que cando o coñecín eu tamén piquei. Sempre pensei que aquel lendario mergullador galego dos salvamentos, do que había fotos nos álbumes do meu tío Pocholo, no fondo tiña falta de afecto. Pero tamén era Un Cachondo Mental.  

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS