Crónica dos homes do Ferro. Episodio 9
Preguntan dende Madrid: «Pero quien es esa empresa que llaman Santacrús, que aguanta a viento y marea? Esa empresa con poucos titulados, con xente dos pobos costeiros máis bravos de Europa; pais e fillos, tíos, curmáns. Xeracións. Xente que salva os barcos aquí, en Galicia. Os holandeses, alemáns, ingleses gárdanlles respecto e admiración. Os consignatarios internacionais poden dar fe da súa profesionalidade.
A Armada Española débelles moito. Pero a nova política teno claro: hai que acabar con ela, non interesa, hai outros plans de desguace dos centenarios homes do ferro. Os homes rectos e de honor, os funcionarios competentes saben cando están cometendo un acto inxusto, incluso aplicando a lei. Son consciente de que algún alto cargo, cando me citou no seu despacho para meterme unha multa e acabar con nós, despois de falar conmigo deulle para dentro ao caixón. E hoxe en día é un dos meus mellores amigos. Era un Home de Mar. E sabía a quen tiña diante.

