viernes, junio 12, 2026
InicioCultura marineraO BNG de Muxía pide recuperar os secadoiros tradicionais de congro

O BNG de Muxía pide recuperar os secadoiros tradicionais de congro

O BNG de Muxía presentou unha moción na que insta ao Concello a iniciar, coa maior brevidade, as xestións necesarias para recuperar os secadoiros de congro e garantir a conservación deste elemento patrimonial. A iniciativa propón alcanzar acordos coas familias propietarias destas instalacións tradicionais e solicitar apoio económico á Deputación da Coruña, á Xunta de Galicia e ao Goberno central.

A formación nacionalista considera que estes secadoiros constitúen un referente cultural, paisaxístico e etnográfico do municipio e defende a súa recuperación como espazos vivos e de atractivo turístico.

Na moción tamén se recolle a necesidade de promover unha investigación sobre a actividade do secado do congro, abordando cuestións como o sistema tradicional de conservación, o procesado e comercialización do produto, a súa relevancia económica e social na historia local, a vinculación co traballo das mulleres e os materiais e técnicas empregados.

Ademais, o BNG aposta por dotar de recursos estruturais esta actividade para facilitar que se poida seguir secando congro en Muxía, tanto con finalidade económica como divulgativa e educativa, orientada á veciñanza, ao estudantado e ás persoas visitantes.

Os secadoiros de congro, no ADN de Muxía

A portavoz municipal do BNG en Muxía, Mercé Barrientos, asegurou que “entendemos, ao igual que a veciñanza, que os secadoiros son un elemento do noso patrimonio cultural que non pode quedar esquecido e desaparecer; están no noso ADN cultural e social”.

Barrientos tamén sinalou que o Concello debe impulsar medidas claras para preservar os valores culturais desta actividade e promover a declaración do congro seco como “alimento con características tradicionais”, co obxectivo de dignificar e poñer en valor este método de conservación.

Segundo engadiu, a Festa do Congro podería ampliarse con actividades complementarias como obradoiros, demostracións do proceso tradicional de secado e a colocación de produto nas cabrias, dentro dunha proposta máis ampla de promoción cultural e turístic

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS