viernes, diciembre 13, 2024
InicioHistoria navalO “Prestige”, 18 anos dun pesadelo

O “Prestige”, 18 anos dun pesadelo

Tal día como hoxe o prestige lanzaba un mensaxe de auxilio a 28 millas de Cabo Fisterra. Un boquete formouselle no casco do petroleiro que fixo derramar un gran reguieiro de fuel,un reguieiro que tardaría en chegar en poucas horas a costa teñindo as pedras de negro.O día 14 o petroleiro situase a 4 millas da vila mariñeira de Muxía.

 Os veciños impactados a o ver unha gran embarcación frente a sua costa, podiase ver a simple vista e decenas de curiosos acercabanse na punta da barca a ver as maniobras do buque e de salvamento marítimo. 

Sobre as cabezas dos muxiáns voiaba a idea de que a proa do petroleiro encallaria na punta da barca,pero as embarcacions de salvamento poideron remolcar a o barco despois de varios intentos, despois de estar moitas horas na costa de Muxía.

 

Remolcan a o buque a mar adentro coa idea de alonxalo o máximo posible, Francia negouse que levaran o barco as suas augas mentras que o mismo fixo Portugal que hasta moveron a unha embarcación propia para vixilar os movementos do petroleiro remolcado. Mentres os expertos aconsellaban que o remolcaran a unha zona de refuxio para salvar o barco e a sua carga. Veciños discutían se levar o barco a ría de Corcubion cousa que a Xunta explicou que non había sufiente calado e sería desaconsellable po las adversas condicions meteoroloxicas. Mentres alonxan o barco da costa,a situacion complicase,nas fotos do día 16-17 e 18 podese apreciar como o buque vese cada vez mais a flote,eso significaba que parte da sus carga aviase esparcido po las augas frías do Atlántico,mentres en días anteriores podiase apreciar como a borda estaba prácticamente tapado po la auga. O goberno hasta estudiou facer explotar o barco cousa que non se fixo po lo desaconsellable que era.


Na mañana do día 19 o barco non soportaba mais e partio en dous a 120 millas da costa galega,afundindo a 3.600 metros de profundidad.

Despois da marea negra que chegou os próximos días a costa galega,veu Unha marea blanca miles de voluntarios encheron a Galicia de soliradidade,miles de superhéroes sen capa que cas suas mans limpiaron unha substancia viscosa,negra que pintou os corazóns dos galegos de cor negra..

.
Os ecosistemas recuperaronse grazas a os voluntarios e mariñeiros e veciños que sumabanse a limpieza.Pero eso non e todo,meses despois descubriose que no casco do Prestige ainda soltaba e derramaba fueleo, cousa que o estado español pagou millones de euros a operación de sellado dos buratos onde salía o petróleo, operación que se encargaba a empresa Repsol.Foi un desastre que nos marcou,que nos unío,que fixo entristecer os nosos corazons,ojalá non volva a pasar xamais.
18 anos dunha desgraza…
 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS