viernes, marzo 29, 2024
InicioHistoria navalEspiñeirido, unha punta mortal para as embarcacións de pesca

Espiñeirido, unha punta mortal para as embarcacións de pesca

A punta do Petón tamen coñecido como a punta de Espiñeirido,ou a punta da Generosa, a apenas uns metros do porto de Muxía,e un gran punto mortal para as embarcacions sobretodo de pesca,galegas. Entre o ano 1980 e 1993 encallaron neste lugar 4 embarcacions de Ribeira e unha decena de embarcacions de Marín. Estes poidéronse recuperar todos. O mais mediático foi o accidente do arrastreiro de Marín de 23 metros de eslora»Generosa» que un 26 de outubro de 1987 encallou nestes baixos.

 Os 12 tripulantes do barco estaban en apuros aquela noite de gran temporal…había mariñeiros colgando por un costado do barco,unhas deslumbrantes bengalas de auxilio alumbraban a embarcación.O helicóptero de salvamento marítimo non se poido presentar no lugar do accidente esa noite por lo gran temporal reinante..Veciños de Muxía viron o accidente,e cos seus coches foron a alumbrar o lugar do sinistro e axudar a rescatalos…pero foi inútil. 

Aínda así os veciños estaban pendentes da situación durante o que quedaba de noite. Pola mañan o helicóptero rescata os tripulantes sanos e salvos,pero cun gran susto no corpo «sentimos a a morte toda a noite» xustificaban.O barco finalmente parteu en dous, un mes despois do accidente,e en xaneiro de 1988 sacouse o barco da zona mediante unha rampa que fixeran no lugar. O barco recuperouse.

Moitos mais barcos encallaron neste lugar como dixen ao principio da reportaxe. E ata 3 vapores afundidos neste lugar descansan no fondo do mar.Neste lugar hai un vapor descoñecido posiblemente de orixe inglés que un veciño de localidade, Jose Rodríguez Pérez encontrou unha tapa de cuberta ou unha tapa de ollo de boi,según a opinión miña e do historiador naval Rafael Lema.

Este barco do cal está a poucos metros de profundidade e de mais ou menos 50 metros de eslora. O outro vapor está localizado na zona mais cercana a praia e varios veciños da contan que neste lugar afinais dos anos 30 ou na década dos 40 un mercante descoñecido que transportaba caixas cargadas de botellas de cera para os suelos,encallaba e afundiase neste lugar.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS