sábado, abril 20, 2024
InicioHistoria navalPiratas na Costa da Morte. O bergantín de Jacinto Abril

Piratas na Costa da Morte. O bergantín de Jacinto Abril

Dentro das reportaxes sobre a navegación histórica no entorno de Cabo Vilán imos comezar cun apartado adicado aos piratas. Nas augas galegas e na Costa da Morte foron máis habituais os corsarios, un xeito de mariña privada legalizada ao servizo do rei, pero tamén se deron casos de navegantes sen bandeira nin lei, piratas. Na Idade Media, na Idade Moderna frecuentaban estas costas barcos cheos de toda borralla que o mar cría, asaltadores de mercantes e de aldeas, ladróns e asasinos moitas veces apoiados por píos reis de Inglaterra e Francia.

Pero no século XIX patrullaban estas costas un novo modelo de piratas, mariños de nacións sudamericanas non recoñecidas que se xuntaban con mariñeiros de toda ralea, escravos liberados, mouros, atacando indefensos mercantes.

Cando un pirata era capturado a sentencia era firme, rápida, sen xuizo pero xusta: a forca. Coa axuda nas transcripcións de Shaila Agustín imos apañar datos nos protocolos notariais mirados por nós e por autores como Santiago Llovo.

Empezamos co dossier da bandeira vermella da caveira. O ataque a un bergantín catalán de Jacinto Abril por insurxentes sudamericanos. Sabemos do caso pola partida de defunción do piloto de la embarcación, os superviventes nunha lancha chegan a Cee.

Ataque de piratas o corsarios insurgentes a un quechemarín catalán, entre los cabos de Finisterre y Touriñán, con pérdida de embarcación y muerte de uno de sus tripulantes.

«(…) El 7 de julio de 1818 falleció Pablo Abril, soltero, hijo legítimo de Jacinto y Catalina Abril, vecinos de la parroquia de San Juan de la villa de Villasá, obispado de Barcelona, en el principado de Cataluña , que con motivo de haber salido de dicha villa embarcado de piloto en el bergantín del que era capitán su hermano Jacinto Abril, cargado de vino, aguardiente y otros efectos, con destino a la ciudad de la Coruña y Ferrol, fue apresado entre el cabo de Finisterre y el de Touriñan el día 5 del corriente por quechemarín de insurgentes, y al tiempo del abordaje le hirieron gravemente con un tiro de fusil, y habiéndose escapado toda la tripulación en la lancha se refugiaron en esta villa de Ce (…)»

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS