A Consellería do Mar, representada polo,director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e as organizacións representativas do sector acordaron o Plan experimental para a xestión da centola e do boi correspondente á campaña 2026-2027.

Veda da centola
No caso da centola, a veda desenvolverase entre o 20 de xuño e o 8 de novembro nas zonas comprendidas entre o río Miño e o cabo Estaca de Bares. Na zona comprendida entre Estaca de Bares e o río Eo, o peche estenderase entre o 1 de xullo e o 29 de novembro.

Veda do boi
Para o boi, o período de veda será común en todo o litoral galego, desde o 20 de xuño ata o 8 de novembro.
Durante estes prazos quedará prohibida a captura destas especies mediante calquera arte de pesca. Ademais, as embarcacións que empregan nasas deberán retirar estes aparellos e trasladalos a porto mentres dure a prohibición.
A Xunta sinala que estas medidas buscan protexer a reprodución das especies, garantir a sustentabilidade dos recursos mariños e favorecer a continuidade da actividade pesqueira artesanal.
