jueves, abril 25, 2024
InicioNoticiasComisan 1361 quilogramos de xurelos na lonxa da Coruña

Comisan 1361 quilogramos de xurelos na lonxa da Coruña

Axentes do servizo marítimo provincial da Coruña, no marco dunha inspección que estaban a realizar no interior de sála número uno da Lonxa da devandita localidade, atopáronse con dous palets con 44 caixas cada un de xurelos, os cales arroxaban un total de 1361 quilogramos da citada especie.

 
Visionadas as cámaras de seguridade, identifícase a un usuario comercializador da lonxa responsable dos feitos, saltándose a pesada da mercadoría e introducíndoa na sala de poxas, o cal non puido ser localizado. 

Xurelo sen trazabilidade nin etiquetaxe

Dado que o citado peixe non presentaba ningún tipo de trazabilidade nin etiquetaxe algunha, procederon ao seu comiso e posterior entrega ao banco de alimentos desta localidade. Os feitos foron postos en coñecemento do Xefe territorial da área do mar da Coruña por ser constitutivos de infracción á lei 11/2008 de pesca de Galicia. 
 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS