viernes, abril 19, 2024
InicioNoticiasRosa Quintana: “A seguridade no mar é un elemento central e unha...

Rosa Quintana: “A seguridade no mar é un elemento central e unha aposta blindada para a Xunta”

Os técnicos da Xunta de Galicia están analizando diferentes melloras na seguridade do porto de Malpica,entre elas a rebaixa da canle de acceso na comporta para gañar calado e a eliminación de rebordes que distorsionan as correntes nesa canle.Segundo a conselleira do Mar tamén «estase a analizar a influencia que na axitación e correntes podería ter a ampliación do martelo do dique ou a construción dun contradique na zona de terra».

En relación a esta análise da influencia da ampliación do dique, Rosa Quintana destacou a súa complexidade en trámites e impacto e na configuración e localización do porto. Neste sentido, aclarou que a súa afectación «se deberá verificar de forma certeira para contemplar a súa achega en razón da mellora do abrigo, pero tamén da posibilidade de que mesmo poida incrementar as correntes dentro do porto».

«Estamos traballando de xeito rigoroso»

Así, explicou que os técnicos están a analizar a seguridade na saída e entrada na propia bocana do porto e as correntes que se xeran no interior do peirao. Polo tanto, insistiu, «estamos traballando de xeito rigoroso, baixo o criterio dos técnicos e co apoio e coñecemento dos mariñeiros que agrupa a Confraría». Estas posibilidades que se están a barallar, expuxo Rosa Quintana, xa lle foron trasladadas á familia da vítima do naufraxio do pasado mes de decembro no porto de Malpica e á confraría.

Ademais a titular de Mar destacou que a Xunta sempre foi acometendo aquelas melloras que foi demandando a confraría e que supuxeron unha cantidade de máis de 1,5 millóns de euros destinados a este porto nos últimos anos, a maioría para melloras da seguridade.

 
A conselleira tamén insistiu no Parlamento en que «a seguridade no mar e para as xentes do mar é un elemento central e unha aposta blindada para a Xunta». Por iso, engadiu, «traballamos en mellorar as nosas infraestruturas portuarias e por que mellore a seguridade a bordo», porque «non queremos accidentes nin no mar nin nos portos».

Pregunta do BNG

Quintana respondeu a unha pregunta formulada pola portavoz de pesca do BNG no Parlamento de Galicia, Montse Prado, que demandou unha solución aos problemas que existen, cando aínda está recente a morte do patrón do pesqueiro «Silvosa», José Ángel Sanjurjo.

Precisamente a nai do defunto enviara unha carta na que explicaba que «a súa morte é especialmente dolorosa porque neste caso púidose evitar. A entrada á nosa dársena foi deseñada de tal xeito que se forman a cotío correntes e remuíños que provocan un perigo innecesario todos os días e para todas as embarcacións».

Esta mesma semana tamén houbo unha xuntanza na confraría de Malpica para tratar sobre esta problemática, na que participou o voceiro de En Marea, Luís Villares, o alcalde Eduardo Parga, e representantes da corporación de Malpica e do pósito local. O grupo municipal da Alternativa dos Independentes de Malpica, que lidera Alfredo Cañizo, solicitou un pleno extraordinario para abordar este asunto.
A confraría de Malpica tamén demanda o apoio dos grupos políticos contra o sistema de TAC.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS