sábado, abril 20, 2024
InicioNoticiasSalvan a un pescador que caeu ao mar na Punta da Buitra

Salvan a un pescador que caeu ao mar na Punta da Buitra

Unha historia con final feliz. Un home que pescaba na zona do Cercado, no litoral da «Punta da Buitra», no termo municipal de Muxía, foi rescatado por dous amigos, despois de caer o mar sobre as 15 h deste domingo 2 de xuño.

Así informaban deste accidente desde Protección Civil de Muxía na súa conta de Facebook:

«Hoxe ás 15:00 H, o CIAE 112 alertaba da caída dun pescador na zona da Punta Da Buitra. 
Un pescador afeccionado, natural de Santa Comba, tivo que ser rescatado este mediodía na zona do Cercado, na Punta da Buitra. Caía arredor das 15.00 arrastrado por un golpe de mar e conseguía agarrarse a unhas pedras nunha zona de cantil onde aínda sufría as batidas das ondas.
Afortunadamente dous amigos pescadores (de Cee e Muxía) apareceron na zona pouco despois, viron o seu coche e se achegaron ao lugar. Viron a situación e ademais de avisar ao 112 lanzáronlle un cable para amarralo.
De contado chegaron a Policía Local e Protección Civil de Muxía, que coa axuda dunha corda que trouxera un novo compañeiro, conseguiron sacalo con vida.
Paralelamente o Hélimer sobrevoaba xa a zona por se o rescate por terra non remataba con éxito, pero por fortuna, e gracias aos membros de Prot. Civil, da Policía Local e aos seus propios amigos, foi salvado con vida, con algún que outro golpe e rascazo producido polas batidas do mar, unha vez arriba e recuperado polo cansancio, foi atendiendo por efectivos do 061.
Interviron efectivos de PROTECCIÓN CIVIL, POLICÍA LOCAL, GUARDIA CIVIL, SALVAMENTO MARÍTIMO, O61″


 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS