Vinte e tres voluntarios participaron nunha nova xornada de limpeza que organizou a asociación Mar de Fábula en Camariñas.
A acción centrouse en tres coídos de Coenda e no coído grande do Corno, na entrada da ría de Camariñas.Recolleron 24 sacos de lixo plástico misceláneo: botellas, bandexas de marmelo, nasas portuguesas, restos de bidóns, distintos plásticos e anacos de estachas de amarre de barcos.
O concello de Camariñas coopera coa retirada de todo o material recolectado. O colectivo Mar de Fábula prepara unha nova xornada de limpeza o vindeiro 2 agosto no peirao de Camariñas.