viernes, diciembre 9, 2022
InicioNoticiasPortos de Galicia priorizará a seguridade nas instalacións portuarias da provincia da...

Portos de Galicia priorizará a seguridade nas instalacións portuarias da provincia da Coruña

 A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, dará prioridade nos investimentos de 2021 na provincia da Coruña ao reforzo da seguridade nas instalacións portuarias. Así llo trasladou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, ao delegado territorial da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor, nunha reunión de traballo na que avaliaron a proposta orzamentaria que está a ultimar o organismo portuario. 

Susana Lenguas indicou que o documento provisional co que o ente público está a traballar recolle unha distribución dos investimentos que dá prioridade á nova construción, ampliación e mellora de pantaláns en diversos peiraos, entre eles Corme, Pontedeume, Fisterra, O Freixo, Muros, Miño, Betanzos, Corcubión, Testal ou Pontecesures. Con estas actuacións mellóranse as condicións de seguridade e operatividade para os usuarios dos peiraos. 

Así mesmo, destacan as obras de integración entre os portos e as vilas mariñeiras, como é o caso das actuacións previstas para Porto do Son e Ribeira. Ademais, os orzamentos contemplarán a continuación das obras de dragaxe no peirao de Laxe, que xa se iniciaron neste 2020.

Finalmente, a proposta orzamentaria, que se pechará nos vindeiros días, inclúe melloras na edificación portuaria e actuacións de reforzo da operativa portuaria como a instalación de defensas e escadas e reforma de viais interiores. 

Fonte-Xunta de Galicia
 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS