viernes, diciembre 13, 2024
InicioNoticiasElaboran un estudo antropolóxico sobre a cultura do marisqueo

Elaboran un estudo antropolóxico sobre a cultura do marisqueo


A Confraría de Pescadores de Noia elabora un Estudo Antropolóxico sobre a Cultura do Marisqueo na ría de Muros Noia, para impulsar a súa candidatura a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO

A Confraría de Pescadores de Noia está a realizar un estudo antropolóxico sobre o marisqueo na Ría, incluído no proxecto de colaboración entre as confrarías e os concellos da Ría de Muros Noia para impulsar a candidatura da Cultura do Marisqueo da Ría de Muros Noia a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. Este proxecto, que conta co financiamento do GALP Costa Sostible, finalizará e se presentará a finais do mes de decembro de 2020. 

Segundo declarou o secretario da Confraría de Pescadores de Noia, Adelo Freire, os obxectivos deste estudo son «afondar nos aspectos culturais e antropolóxicos do marisqueo da Ría de Muros Noia e facer visibles estos valores para a poboación en xeral». Asimesmo, Freire explicou que este traballo servirá para «concienciar ó sector e á sociedade dos concellos da Ría de Muros Noia sobre a transcendencia histórica e cultural da súa actividade. Todo isto co obxectivo final de «dar notoriedade pública á candidatura da Cultura do Marisqueo da Ría de Muros Noia a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO».

Equipo investigador

O estudo antropolóxico está dirixido por Miguel Losada, director científico do ‘Simposio sobre a Cultura do marisqueo na Ría de Muros Noia’ que se desenvolverá os días 26 e 27 de novembro na Casa da Cultura de Outes. O equipo está formado por investigadores galegos do ámbito académico, como Miguel Martínez (antropólogo e profesor da Universidad del Mar de Oaxaca -México-), Uxío Labarta (profesor de Investigación «Ad Honorem» do Consello Superior de Investigacións Científicas -CSIC-), Ana Acuña (filóloga e profesora da Universidade de Vigo) xunto con expertos na  xestión do patrimonio como Xurxo Constela (arqueólogo profesional). Este traballo de investigación contará coas fotografías do fotografo afincado en Noia Pedro G. Losada.

Características do estudo

No traballo realizarase un percorrido por cuestións como o rol da muller como traballadora e transmisora cultural, os condicionantes biolóxicos e económicos do marisqueo, e as tradicións asociadas e que operan como vehículo de interconexións sociais, entre outros aspectos.

Esta monografía pretende ser un produto que axude a centrar os esforzos da sociedade a prol do mantemento e prosperidade dunha paisaxe cultural que produciu riqueza a partires dun tesouro natural como é a diversidade e produtividade biolóxica desta ría.

Nota de prensa

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS