miércoles, octubre 9, 2024
InicioNoticiasEvacúan a un mariñeiro que sufriu unha indisposición cando faenaba ao norte...

Evacúan a un mariñeiro que sufriu unha indisposición cando faenaba ao norte das Illas Sisargas

O tripulante dunha embarcación pesqueira necesitou a axuda dos equipos de salvamento, na mañá de hoxe, tras sufrir unha indisposición. Os feitos tiveron lugar na zona norte das Illas Sisargas, no concello coruñés de Malpica de Bergantiños.

Ao fío das 10:30 horas, os efectivos de Gardacostas de Galicia contactaron co 112 Galicia para informar da mobilización do helicóptero de Salvamento Marítimo para a evacuación dun pescador indisposto.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112, o tripulante sería trasladado ata o Aeroporto da Coruña e necesitaría atención sanitaria urxente.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo a situación en coñecemento do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co fin de realizar o traslado ata o centro hospitalario de referencia, na maior brevidade posible.

Fonte- AXEGA 112
Foto e Tuit- Salvamento

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS