miércoles, septiembre 18, 2024
InicioNoticiasÚltima convocatoria de axudas do programa 2014-2020 dos GALP

Última convocatoria de axudas do programa 2014-2020 dos GALP

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte informa que, o xoves 27 de xaneiro de 2022, saíu publicada no DOG NÚM. 18 a ORDE do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022 

As axudas están destinadas a xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc. que presente proxectos relacionados co mar.O territorio de actuación do GALP Costa da Morte comprende os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.

Os promotores disporán ata o 27 de febreiro, para a presentación telemática de solicitude de axuda. (Código de procedemento PE155A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A).

Para mais información pode poñerse en contacto a través do teléfono 981707378 ou o correo: galp.mar.costadamorte@xunta.gal. Estamos a súa disposición na oficina sita no Edificio do Centro Comarcal de Bergantiños, Buño, Malpica de Bergantiños, de luns a venres de 8:30 a 15:00horas.

Enlace á Orde de Axudas:

Orde do DOG nº 18 do 2022/1/27 – Xunta de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220127/AnuncioG0427-301221-0005_gl.html 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS