O home pasou 16 horas baixo o casco ata que foi rescatado por un equipo de mergulladores de Salvamento Marítimo.Guiou ao equipo de salvamento mediante pequenos toques nas paredes do casco.
Desde as oito da tarde de onte, o organismo estatal de salvamento e seguridade marítima mantivo este operativo de busca, no que estaba a colaborar o 112 Galicia mediante a comunicación cos equipos de terra posiblemente necesarios, como son a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Malpica.

Tamén unha dotación do Servizo de Gardacostas de Galicia inspeccionou a zona durante a madrugada a bordo do Pesca II, pero sen resultados positivos. Sen embargo, os rescatadores de Salvamento que accederon ao veleiro a bordo doutras embarcacións tiñan indicios de que había unha persoa no interior. De feito, escoitaron os pequenos golpes que, desde dentro, o tripulante daba nas paredes do casco.
Os traxes especiais de protección, debido a que se trataba dun veleiro de competición, permitiron ao ocupante manterse con vida durante as 16 horas que permaneceu debaixo da embarcación.
Finalmente, foi rescatado polos mergulladores e trasladado no helicóptero de Salvamento Marítimo ata o Aeroporto da Coruña, onde agardaba unha ambulancia.
Info-AXEGA 112
FOTOS Salvamento
