domingo, noviembre 27, 2022
InicioNoticiasVI Encontro Internacional do Lixo Mariño en Camelle

VI Encontro Internacional do Lixo Mariño en Camelle

Crebeiros de varios países estarán esta fin de semana en Camelle (Camariñas) no VI Encontro Internacional do Lixo Mariño organizado polo CEIDA de Santa Cruz de Oleiros en colaboración coa asociación Mar de Fábula que preside Xosé Manuel Barros.

Do venres ao domingo haberá conferencias, actividades de arte e cultura (performances, concertos) e unha xornada de recollida de lixo na praia de Trece en Camariñas na mañá do domingo.

A inauguración vai ser o vindeiro venres as once da mañá; tras unha visita guiada ao Museo Man empezará o ciclo de charlas no Centro de Actividades Ambientais de Mar de Fábula, coa participación de Xosé Manuel Barros e de membros do CEIDA. Pola tarde as 16,30 falará Simao Acciaioli da Brigada do Mar («Non quero saber. Problema global»), media hora máis tarde Oscar Vales de We Sustainability falará sobre «A conciencia-acción como necesidade de educación a través das accións) e as 18.00 será o turno para o escritor local Rafael Lema coa súa ponencia «A Costa da Morte. Terra de crebas e crebeiros».

Seguirá a continuación Ana Gutiérrez Dewar de Retorna tratando sobre «O sistema de depósito, devolución e retorno» concluindo o ciclo de mocións cunha perfomance de Susana Sanromán co título «To waste or no to waste». A xornada remata coa actuación musical ás 20,00 horas de Braian de Palma.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -

MÁS NOTICIAS