viernes, diciembre 13, 2024
InicioNoticiasVirxinia Barros asume a presidencia de Mar de Fábula

Virxinia Barros asume a presidencia de Mar de Fábula

O dinámico colectivo Mar de Fábula celebrou unha asemblea extraordinaria na sede da asociación en Camelle (Camariñas).

O asunto principal foi a dimisión por motivos de saúde do actual presidente Xosé Manuel Barros. Saíu elixida com o presidenta Virxinia Barros López.

Arquivo unha das xornadas de limpeza no concello de Camariñas

Limpezas a visitas de escolares a Camelle

Aparte do estado de contas tamén se fixo un resumo das actividades do 2022 “onde as limpezas na ribeira e as visitas de centros de ensino ás instalacións de Mar de Fábula en Camelle foron os eixos do traballo”.

Segundo Mar de Fábula “de cara ao 2023, as limpezas de praias e coídos seguirán tendo carta de natureza na asociación xunto cun decidido pulo para aumentar as visitas de escolares a Camelle”. Tamén se centrarán noutros proxectos e na captación de novos socios.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS