Aseguran que o conflito entre bateeiros e percebeiros «non existía antes da intervención da Consellería do Mar».
Podemos Galicia sinala a conselleira Rosa Quintana como «principal responsable na escalada de tensións» no conflito da mexilla.
O Coordinador Nacional da formación, Borja San Ramón, ironizou sobre «a dificuldade de plantexar unha delimitación que prexudica igualmente a ambas partes».
Desde Podemos aseguran que o conflito entre bateeiros e percebeiros «non existía antes da intervención da Consellería do Mar”, polo que consideran que «o problema actual está directamente provocado pola súa acción de goberno».
Para San Ramón a responsabilidade dos últimos choques entre asociacións e confrarías coa Xunta de Galicia está no «modelo de xestión caótico» de Rosa Quintana e «a súa teima de cambiar de decisions cada poucas semanas».
Dimisión ou cese de Rosa Quintana
O dirixente autonómico destacou que “as cargas policiais que se produciron este mércores contra a manifestación de bateeiros en Santiago de Compostela, e se saldaron con varios feridos e detenidos, son un intento de amordazar a un sector mentres se xoga co seu modo de vida».
Por último, o líder de Podemos Galicia emprazou a Rueda a «pedir a dimisión de Quintana ou en último caso a cesala», xa que «a inseguridade xurídica que está xerando ameaza o pan de moitas familias e fai moito dano a economía galega en xeral»