martes, noviembre 12, 2024
InicioNoticiasMariñeiro ferido na costa de Laxe

Mariñeiro ferido na costa de Laxe

Informa- AXEGA 112- FOTOS-SALVAMENTO

Un mariñeiro resultou ferido mentres o seu barco pesqueiro abordaba un veleiro na costa de Laxe. O tripulante do pesqueiro foi evacuado por un helicóptero de Salvamento Marítimo ao Aeroporto de Alvedro, onde agardaba unha ambulancia para atendelo.

Os danos materiais causados na manobra foron leves: no barco pesqueiro romperon algúns cristais na cabina da ponte. Por outra banda, o veleiro resultou intacto.

Ambas embarcacións dirixíronse aos seus portos tralo sinistro, o pesqueiro ao Porto de Laxe e o veleiro ao da Coruña.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 10:00 horas desta mañá, a través de Salvamento Marítimo.

A partir de aí, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Laxe.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS