Laxe volveu a celebrar o tradicional Simulacro do Naufraxio no peirao da localidade. Unha actividade declarada de Interese Turístico de Galicia e que cumpre 61 edicións.
A xornada estivo amenizada pola Banda de Música de Cee e o Grupo de Gaitas Maruxía.
Houbo unha mosa na honra á Virxe do Carme na igrexa parroquial de Santa María da Atalaia, que contou coa actuación doo tenor Andrés Meléndrez e do pianista Rupert Twine que interpretaron a ‘Salve Mariñeira’ en homenaxe a todos os mariñeiros falecidos no mar.
A continuación tivo lugar a procesión por terra da Virxe do Carme acompañada pola Banda de Música de Cee e a danza de arcos.
Sobre as 13h desenvolveuse o Simulacro do Naufraxio, unha procesión marítima e unha traca de bombas.
Desde o goberno local amosáronse “moi contentos pola gran acollida non só das festas, senón do propio Naufraxio, xa que é un sinal da nosa identidade e a xente segue sendo partícipe da mesma ano tras ano e coa mesma devoción e entrega”.