domingo, junio 23, 2024
InicioNoticiasTres homes rescatados, un falecido e outros dous con vida, tras envorcar...

Tres homes rescatados, un falecido e outros dous con vida, tras envorcar a súa embarcación en Arteixo


Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo equipo de Salvamento Marítimo, tratábase dunha embarcación de pequenas dimensións que envorcou entre os concellos de Arteixo e Coruña, na Praia de Suevos.

INFORMACIÓN AXEGA 112

Como consecuencia, tres homes, duns setenta anos, tiveron que ser rescatados ao mediodía de hoxe: dous polo helicóptero Helimer e outro coa axuda dun barco que se atopaba pola zona. Desafortunadamente, un dos varóns foi localizado xa sen vida antes de ser recuperado pola aeronave de rescate de Salvamento Marítimo.

De feito, foron eles os que chamaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ás 14:45 horas para solicitar a colaboración doutros equipos de intervención. Durante a súa comunicación cos xestores do 112, informaban da desaparición dos tripulantes dunha embarcación, que envorcou entre a zona de Punta Langosteira e o peirao exterior da Coruña. Deste xeito, pedían a cooperación de medios terrestres para percorrer o perímetro comprendido entre estes dous puntos, ante a posibilidade de que as persoas puidesen intentar achegarse a nado ata o areal.

Operativo de rescate

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do equipo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros da Coruña, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Arteixo e Coruña, ademais dos membros de Protección Civil de Arteixo.

Finalmente, os servizos de emerxencia desprazados ata o lugar confirmaron ao 112 que os tres tripulantes foron atopados na auga e recuperados por distintos medios. O primeiro deles foi evacuado con signos de hipotermia ata o porto de Suevos, a bordo do helicóptero de rescate de Salvamento Marítimo, onde o agardaba unha ambulancia dos servizos sanitarios.

A continuación, os outros dous homes puideron ser localizados, malia que un deles sen vida.

FOTO PORTADA HELICÓPTERO HELIMER -ARQUIVO

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS