A confraría de Fisterra conmemorou o seu centenario cun acto que se desenvolveu no salón de plenos municipal. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, onde salientou “o excelente labor que realizou esta entidade nos seus 100 anos de historia na defensa dos intereses dos profesionais do mar da zona”.
O conselleiro agradeceu o traballo constante e o compromiso coa xente do mar de Fisterra do actual patrón maior, José Manuel Martínez Escarís, que superou as dúas décadas a frote da confraría de Fisterra “e tamén e o que acumula máis anos no posto de todos os de Galicia”.
Desde o concello de Fisterra, a través das redes sociais, cualificaron de “emotivo” o actro celebrado e felicitaron á confraría de Fisterra por “todo o seu traballo e dedicación durante todos estes anos”.
Sobre “la centenaria historia de la cofradía de Fisterra” escribiu un moi interesante artigo Juan Gabriel Satti no xornal Adiante Galicia, que se pode ler nesta ligazón.
O acto contou coa presenza da Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez; a Alcaldesa, Áurea Domínguez, e o Patrón Maior, José Manuel Martínez e dos exconselleiros Rosa Quintana e Henrique López Veiga.
Houbo relatorios do presidente da federación nacional de confrarías, Basilio Otero, do secretario da federación provincial, Jesús Ramón Longueira e do xornalista da Radio Galega, Xusto López Carril.
