viernes, diciembre 13, 2024
InicioNoticiasPremio As Boas Prácticas para a camariñana Paula Mouzo

Premio As Boas Prácticas para a camariñana Paula Mouzo

A percebeira e deputada autonómica camariñana recibirá o xoves o galardón do Proxecto Máscaras.

Paula Mouzo Mas vai ser recoñecida este xoves, 21 de setembro na Coruña, co premio As Boas Prácticas Cidadáns 2023 nun acto que se desenvolverá desde as 7 da tarde no salón actos da Fundación Once da Coruña.

Mouzo é percebeira, portavoz do PP no concello de Camariñas, deputada autonómica, e futbolista do equipo feminino da súa vila.En anteriores edicións entre os galardonados figuraban outros dous veciños da comarca: Xose Manuel Barros e Rafael Lema.

O Proxecto Máscaras e unha asociación que elecciona cada ano a sete persoas de toda Galicia de distintos ámbitos no premio Boas Prácticas Cidadás, que neste ano 2023 vai xa pola súa VII edición.

O obxectivo destes recoñecementos é contribuír á visibilidade da interactuación cidadá e as experiencias positivas que permiten identificar o activismo e o voluntariado como un concepto máis estendido e máis próximo, tanto a nivel persoal como profesional e institucional.

A asociación entende que a sociedade non é un ente abstracto dividido en compartimentos estancos, senon un ecosistema que interactúa en rede, polo que unha boa práctica en calquera ámbito pode exercer un contaxio positivo en outros.


Por iso, no ánimo de promover eses lazos de unión entre a cidadanía, o xurado de cada convocatoria está composto polas persoas que, a título persoal ou en representación dun proxecto, recibiron o recoñecemento na convocatoria anterior.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS