viernes, diciembre 13, 2024
InicioNoticiasA Deputación destina preto de 500.000 euros para o Museo dos Naufraxios...

A Deputación destina preto de 500.000 euros para o Museo dos Naufraxios de Camariñas

O antigo edificio da Lonxa Vella de Camariñas transformarase nun Museo dos Naufraxios.

A Deputación da Coruña destinará preto de 500.000 euros para financiar este proxecto, segundo se confirmou logo dunha xuntanza entre o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, onde concretaron algo que xa estaba comprometido desde a entidade provincial.


A actuación consistirá na reforma exterior e interior do edificio, que xa é de titularidade municipal. Tras a reforma o Concello acometerá os traballos de musealización do edificio, que tamén contará cunha zona destinada a albergar conferencias ou cursos formativos dirixidos aos traballadores e traballadoras do sector do mar.


Valentín González Formoso destacou que “a riqueza e o patrimonio que alberga o litoral galego en xeral, e a Costa da Morte en particular, merecen dun espazo como este, que o poña en valor, que nos recorde a nosa historia, a recente e a pasada”.

Espazo expositivo de referencia na Costa da Morte

Pola súa parte, Sandra Insua, agradeceu o apoio da Deputación “para crear un espazo expositivo de referencia para a comarca da Costa da Morte e, ademais, darlle unha nova vida a un edificio que se atopa en estado ruinoso e que así volverá a ser útil”


Sandra Insua agradeceu o apoio da Deputación “xa que, despois de que conseguiramos a cesión do edificio da Lonxa Vella, a financiación é imprescindible para poder acometer este proxecto para darlle utilidade e poñer en valor parte da historia de Camariñas, que estea en bo estado e que volva ser útil”.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS