miércoles, octubre 9, 2024
InicioNoticias“Eu xa vedes como son. Son unha muller, percebeira e de Camariñas”

“Eu xa vedes como son. Son unha muller, percebeira e de Camariñas”

Paula Mouzo Mas recolleu este xoves, na Fundación Once coruñesa, o seu “Premio As Boas Prácticas” outorgado pola asociación Proxecto Máscaras.

Esta percebeira, portavoz do PP de Camariñas, futbolista do equipo feminino do seu concello e deputada autonómica, respondeu con humildade e orgullo a este recoñecemento.

“Non sei si estarei a vosa altura pero prometo seguir traballando para merecer levar o voso pin no lado esquerdo, o carón do corazón” sinalou.

Nun emotivo discurso engadiu “Eu xa vedes como son, non oculto nada, son unha muller, son percebeira e son de Camariñas. A min coma a vos non me dá o peito para calar cando vexo inxustizas, non podo estar parada vendo problemas arredor, intento axudar, na lucha social e política na niña vida”.

Polifacética Paula Mouzo

Encargouse de presentala o anterior premiado, Rafael Lema, que se referiu á actividade e o compromiso de Mouzo. “Fai uns días estaba defendendo unha proposición no Parlamento para fomentar o consumo dos produtos do mar, hoxe está recollendo este premio e mañán vai adestrar co equipo de fútbol”.

E así foi resumindo a completa biografía vinculada ao marisqueo, a construción, a música, o deporte e a política.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS