miércoles, septiembre 18, 2024
InicioNoticiasReaccións do PP polo recurso do Goberno central contra a Lei do...

Reaccións do PP polo recurso do Goberno central contra a Lei do Litoral

O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, lamentou a decisión do Goberno de España de recorrer a Lei do Litoral de Galicia “no último momento, sen negociación previa e baseándose en informes que descoñecemos”.

Para Rueda “o Goberno central prefire, unha vez máis, confrontar a deixarnos xestionar a nosa costa, para o que temos todo o dereito. A nosa Lei do litoral é boa e é leal. E así o imos defender“.

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, manifestou que “o Goberno central segue coa súa teima de arrasar o noso litoral e condicionar o futuro de miles de familias galegas” e criticou a “complicidade de PsdeG e BNG”.

Tamén reaccionou a deputada estatal Ana Vázquez Blanco que lle parece “vergonzoso o mal trato do PSOE a Galicia”. E apelou á situación política actual española:”Para os que se saltan todos os días a Constitución en Cataluña non hai recursos por parte do Goberno. Para Galicia que cumpre e é leal hai ataques do Sanchismo”.

Desde Galicia tamén xurdiron outras voces como a da percebeira e deputada autonómica do PP, Paula Mouzo Mas, que lembrou que ningún deputado votou en contra da Lei no Parlamento Galego:”É increíble ! Un novo ataque do PSOE a Galicia. Unha lei feita con sentidiño e aprobada no Parlamento de Galicia sen ningún voto en contra”.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS