A deputada autonómica Paula Mouzo Mas (PP) mantivo unha xuntanza con representantes da confraría de pescadores de Corcubión, co obxectivo de escoitar as demandas desta entidade.
«Foi unha xuntanza cordial e moi interesante, que serviu para recoller ideas e propostas que son útiles para procurar solucionar tanto necesidades concretas de Corcubión como para o sector do mar en xeral» declarou Mouzo.
A confraría estivo representada polo patrón maior, Urbano Suárez Canosa, polo asesor do pósito, José Domínguez Buiturón e outros membros.
En días pasados, Mouzo participou nunha xuntanza na confraría de Camariñas acompañando ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
A parlamentaria da Costa da Morte mantén contactos con outras entidades para seguir «recollendo inquedanzas».