O BNG presentou unha iniciativa parlamentaria na que solicita á Xunta de Galicia que realice “o pago inmediato” das axudas aos maricadores e mariscadoras de a pé e embarcacións con permex de Camariñas que aínda non percibiron os importes das axudas polo parón de actividade, así como “proporcionar este ano á Confraría da localidade a semente necesaria para repoboar e recuperar os seus bancos marisqueiros”.
Novas liñas de axuda
Os nacionalistas tamén propoñen que se habiliten novas liñas de axuda “para cubrir economicamente de xeito urxente ás máis de cen persoas dependentes do marisqueo na Confraría de Camariñas para poder levar a cabo os traballos de rexeneración dos seus bancos marisqueiros e para recuperar a súa actividade e o nivel de ingresos que conleva”.
Segundo o deputado Oscar Insua ““aínda hai 15 mariscadoras de a pé e 21 embarcacións que non cobraron a axuda publicada en plena campaña electoral”.
Mortandade do marisco en Camariñas
Insua considera que a actitude do PP “é inmoral e mesquiña, pois foi necesario a presentación da nosa iniciativa para que empezaran a cobrar algunas mariscadoras a semana pasada, despois de tres meses agardando”.
O deputado corcubionés quere saber se a consellería ten algunha información previa dos estudos encargados para saber as causas de mortaldade do marisco na ría de Camariñas.