O proxecto «Nove Mares: a cultura marítima da Costa da Morte», promovido pola Fundación Eduardo Pondal e co apoio do GALP Costa da Morte chegou ao seu remate cun acto este sábado pasado ao coído de Sabadelle (Carantoña-Vimianzo) o un debate final para extraer conclusións no castelo de Vimianzo. Protagonistas desta xornada final foron o poeta e narrador de Ponte do Porto Rafael Lema, e o empresario soneirán Ricardo Álvarez do proxecto «Auga de mar».

Versos de Rafael Lema
Estiveron acompañados pola alcaldesa local e deputada provincial Mónica Rodríguez, o xerente do Galp 3 Guillermo González e o responsable da Fundación Pondal Xosé María Lema, entre outros. O acto puxo fin ao espazo xerador de cultura sobre Letras do Mar e a Nove Mares.
Ricardo Álvarez expuso os pormenores do seu proxecto de recoller auga do mar de Sabadelle para venda industrial. Falou do coñecemento dunha idea orixinal en Cataluña que quixo traer a comarca, da alta demanda que hai do produto no Nadal pola maior venda de mariscos e pescados. Do uso desta auga para bebidas isotónicas, cervexa e incluso un vermú que se fai en Santa Comba.
Rafael Lema tratou sobre a historia do enclave baleeiro de Sabadelle, do casal que aínda segue en pe, das lendas do lugar, ou do paso por este camiño que une Traba e Camelle de persoeiros como Bartolomé Fontana ou Martín Sarmiento e da inspiración deste espazo na súa producción literaria. A segunda parte do acto foi un obradoiro poético coa obra de Lema e trascurriu no coído do Porto da Señora, tamén de Vimianzo, na raia con Laxe. Varios dos participantes e o mesmo autor leron poemas de libros de Rafael Lema (premiados no Esquío, Espiral Maior e Concello de Carral) como Luces de N. Y., Sete Vagas, Atlántida, Cemiterio das Gaivotas. Lema recordou que Pondal foi o primeiro cantor do entorno de Camelle e a súa familia tiña propiedades neste lugar. Aproveitou para ler o comezo da súa novela Capitán Araña que ten como protagonista a un neno de Sabadelle na época napoleónica.

Proxecto Nove Mares
O proxecto Nove Mares promover espazos participativos ao longo de 9 concellos da liña costeira, indagando sobre a relevancia da cultura mariñeira para o territorio, como un dos principais motores de identidade diferencial e desenvolvemento socio económico da Costa da Morte. O final do proxecto construirá un arquivo colectivo de potencialidades e iniciativas culturais xeradoras de desenvolvemento socio económico na zona.
Nove Mares iniciou o seu percorrido cunha serie de entrevistas ás principais referencias culturais, económicas e sociais do territorio, para nutrir de contidos os Encontros Xeradores de Cultura, nos que contaron con referentes inviduais e colectivos arredor de distintas temática.