miércoles, septiembre 18, 2024
InicioNoticiasMar de Fábula retira 42 sacos de lixo da costa de Merexo

Mar de Fábula retira 42 sacos de lixo da costa de Merexo

Mar de Fábula, a asociación con sede en Camelle que preside Virxinia Barros levaou a cabo unha limpeza en Merexo coa axuda de voluntarios. Desde a entidade explican que un veciño que fai pesca deportiva e accede a recunchos da costa que pasan desapercibidos «contounos que na zona de Merexo, Muxía, había un coído pequeno que era un estercoleiro. Debido á gravedade das imaxes que nos amosou, deuse aviso ao Seprona, organismo que a día de hoxe, está ao tanto do que neste coído acontece».

Máis tarde, recibiron a chamada do responsable do Camping Lago-Mar de Muxía, para organizar conxuntamente unha limpeza. «A pesar de que o coído de Merexo non é un lugar moi accesible, pensamos que poñer no foco para visibilizar o desastre, viron que era unha prioridade limpalo.Así foi como, reunimos 42 persoas, entre elxs moitos nenxs que dando un bonito paseo de 10 minutos, chegamos a un primeiro coído grandeiro no que se retirou unha maroma de 10 metros» indica Virxinia que comenta como «a imaxe dantesca estaba á volta da esquina, nun coidíño agochado, o que alí viron os nosos ollos non foi outra cousa que un auténtico vertedeiro, que ao longo dos moitos anos que debeu de estar en activo, estaba todo o lixo misturado ca vexetación, nunha especie de conglomerado contaminante, no que atopamos dende pezas de motores, anacos de vehículos tractores, baterías, sinais de tráfico, etc».

Así critica la activista que «Os nosos medios de limpeza (mans e moita actitude), non son suficientes para solucionar este problema, precísase maquinaria pesada para sanear o lugar, un lugar moi maltratado no pasado con probablemente coñecemento de moitos, pero, resulta que estamos no século XXI, e estos vertedeiros espontáneos están totalmente prohibidos».

Retiraron 23 sacos de 100 litros. «Sirva esta publicación como berro de auxilio para que as administracións pertinentes se fagan cargo da limpeza deste vertedeiro enquistado no tempo xusto á beira do mar, do noso mar» indican desde la entidad que agradece «ao Concello de Muxía o apoio loxístico prestado, retirando o resultado desta limpeza».

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS