miércoles, septiembre 18, 2024
InicioNoticiasArde un barco pesqueiro atracado no peirao de Camariñas

Arde un barco pesqueiro atracado no peirao de Camariñas

ACTUALIZACIÓN: Logo da extinción, a embarcación acabou afundindo. Os servizos de emerxencias xa estenderan as barreiras anticontaminación para conter unha posible vertedura de combustible no mar.

O barco ardeu durante toda a noite e os medios continúan actuando no punto, onde o lume está controlado pero non extinguido.

Pasados dez minutos das 2 horas da madrugada, un particular informou ao 112 Galicia de que estaba a arder un barco de pesca atracado no novo peirao de Camariñas. No momento da chamada, explicaba que as lapas xa acadaran o posto de mando e que se escoitaban explosións, así como que non había persoas afectadas.

Desde o 112 Galicia informouse para este operativo a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e de Carballo e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.

Foron precisamente estes últimos os que, cando chegaron ao lugar, comprobaron que na embarcación había diversos elementos de risco como bombonas de osíxeno. Naquel momento, Salvamento Marítimo traballaba na extinción do lume desde o seu buque Salvamar Altair, e precisaron que na cuberta do barco había dúas bombonas de butano. Con todo, confirmaron que non había outras embarcacións próximas que corresen perigo.

Ao mesmo tempo, a Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de continxencias por contaminación mariña accidental (CAMGAL) en fase de alerta para conter e controlar unha posible vertedura a consecuencia deste incendio.

Pouco antes das 9 horas, os Bombeiros de Carballo sinalaron desde o punto que o lume estaba controlado, aínda que seguen traballando para a súa total extinción, só resultando afectado o barco no que se orixinou.

INFORMACIÓN AXEGA 112

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS