O Concello de Laxe, a través do departamento de Cultura e Turismo que coordina a concelleira popular Raquel Lema, investiu 12.500 euros para renovar o equipamento do Museo do Mar de Laxe.
O proxecto inclúe a compra dunha cámara escáner de sobremesa para dixitalizar libros e documentos en papel; atrís, paneis e soportes para a exhibición de pezas, ademais de dúas vitrinas para o primeiro andar e catro “roll-up”, que estarán dedicados ao Arquivo Fotográfico Vidal, ao Arquivo Fotográfico de José Mª Vidal Eiroa, e ao médico indiano Ramón Juega.
Achega da Xunta de Galicia
O concello de Laxe contou co cofinanciamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través dunha subvención dirixida aos museos que conforman a Rede Galega de Museos. O goberno galego financia o 80% do investimento.

