viernes, diciembre 13, 2024
InicioNoticiasO GALP Costa da Morte renovou a súa xunta directiva

O GALP Costa da Morte renovou a súa xunta directiva

A Asociación Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte, renovou a súa xunta directiva na asemblea celebrada en Buño-Malpica.

Segundo informan desde a asociación, despois das votacións sectoriais quedaron electos os novos cargos.

A Presidencia segue a ser ostentada pola Confraría de pescadores de Caión, a Vicepresidencia recae no Concello de Malpica, e os cargos de Secretaría e Tesourería seguen a ser desempeñados pola Confraría de pescadores de Camariñas, e pola Agrupación de mariscadoras do Río Anllóns.

Completan a directiva, como vogais, representantes dos seguintes colectivos:

  • Confraría de Pescadores de Malpica.
  • Confraría de Pescadores Virxe da Barca de Muxía.
  • Confraría de Pescadores de Camelle.
  • Confraría de Pescadores de Corme.
  • Confraría de Pescadores de Laxe.
  • Asoc. Redeiras Artesas “illa da estrela de Corme”.
  • Asociación Profesional de redeiras “O Fieital” de Malpica.
  • Asociación Cultural PX Ponte do Porto.
  • Asociación Deportiva Cultural Os Campelos.
  • Asociación de Veciños de San Martiño de Carantoña Ponte dos Castros.
  • Asociación de Empresarios de Malpica.
  • Asociación de Empresarios de Vimianzo.
  • Asociación de Comerciantes de Malpica.
  • Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.
  • Concello de Ponteceso.
  • Concello de Camariñas.
  • Concello de Laxe.
  • Concello de Muxía.
RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS