miércoles, mayo 14, 2025
InicioNoticiasRecuperan un canón de bronce en Fisterra

Recuperan un canón de bronce en Fisterra

Un operativo coordinado por técnicos do departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia permitiu a localización en Punta-Sardiñeiro (Fisterra) a recuperación dun canon de bronce pertencente a un buque do S.XVI.

Nesta acción participaron e membros do Grupo de Buceo da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, da Unidade de Buceo da Armada, con sede en Ferrol, e membros do Club de Buceo de Fisterra.

Segundo explicaron desde a Xunta “trátase dunha peza pertencente ao ámbito do pecio denominado de Punta Restelos e identificado como un buque do S.XVI que, segundo as investigacións, corresponderíase co Galeón Santa María La Anunciada, parte da frota que se afundiu nestas augas no ano 1596”.

Foi localizado a 3,8 metros de profundidade e a escasa distancia da costa e foi extraído “para evitar actos de espolio e a perda dunha peza histórica”.Os primeiros informes sobre este elemento indican que se corresponde cun canón pedreiro de bronce, documentado en pasadas campañas arqueolóxicas, que conta cunhas dimensións aproximadas de dous metros e unha apertura na boca de 26 centímetros de diámetro.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS