miércoles, diciembre 10, 2025
InicioNoticiasJénifer Suárez: “Os mariñeiros séntense abandonados polo Goberno Central”

Jénifer Suárez: “Os mariñeiros séntense abandonados polo Goberno Central”

O Concello de Fisterra expresou o seu total apoio aos mariñeiros afectados pola crise do badexo e culpou o Goberno central da falta de reacción ante unha situación que o sector considera insostible.

A concelleira de Pesca, Jénifer Suárez Silva, subliñou que o Executivo estatal actuou tarde e sen defender axeitadamente en Bruxelas os intereses dos profesionais galegos. “Os mariñeiros séntense abandonados por un Goberno incapaz de xestionar a crise do badexo, que se limita a trasladar prohibicións sen diálogo nin alternativas”, afirmou.

Revisión das restricións europeas, axudas económicas e diálogo co sector

O consistorio lembra que a redución das cotas está a ter un forte impacto no emprego e na economía local, e reclama tres medidas urxentes: revisar as restricións europeas, aprobar axudas económicas e abrir un diálogo real co sector.

“O Goberno non pode seguir dándolle as costas a quen xera emprego e riqueza nas nosas costas. Desde Fisterra defenderemos sempre aos nosos mariñeiros”, concluíu Suárez.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS