viernes, enero 16, 2026
InicioNoticiasInsua pide á Xunta que autorice novas técnicas para os mergulladores de...

Insua pide á Xunta que autorice novas técnicas para os mergulladores de Fisterra

O deputado do BNG pola Costa da Morte, Óscar Insua, reuniuse s con mariscadores mergulladores de Fisterra para explicarlles o traballo desenvolvido no Parlamento galego en defensa do sector e das súas necesidades. No encontro participou tamén o responsábel local do BNG en Fisterra, Cholo Mouzo.

Insua detallou as xestións realizadas ante a Consellería do Mar para procurar solucións ás problemáticas expostas polos profesionais do mar. O deputado lamentou que desde a Xunta se negue a posibilidade de empregar a técnica de subministración de aire desde superficie para a extracción de ameixa na praia da Langosteira, unha demanda que o BNG xa trasladou á Cámara galega hai meses a petición da agrupación de mariscadores de Fisterra.

O parlamentario nacionalista sinalou que “seguiremos insistindo neste tema, porque se as novas técnicas existentes axudan a mellorar as condicións de traballo do sector, hai que adoptalas, como sucede en calquera outra profesión”.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS