jueves, octubre 8, 2026
InicioNoticiasO BNG reclama explicacións polo peche da Lonxa de Laxe

O BNG reclama explicacións polo peche da Lonxa de Laxe

O BNG de Laxe reclamou explicacións ante o peche da Lonxa de Laxe e considerou necesario aclarar por que se chegou a esta situación, tendo en conta que os barcos da localidade xa levaban tempo comercializando as súas capturas noutras lonxas, como A Coruña ou Ribeira.

A formación nacionalista sinalou que o peche non é o inicio do problema, senón o resultado dun proceso anterior que require explicación. «Non cuestionamos que os barcos de Laxe estean comercializando as súas capturas noutros portos. O que queremos saber é por que se chegou a unha situación na que a Lonxa de Laxe deixou de ser unha opción viable para a súa propia frota», indicou o BNG.

Embaixadora dos peixes e subvención do GALP Costa da Morte

Os nacionalistas destacaron a coincidencia co nomeamento, o pasado 8 de agosto, da conselleira do Mar, Marta Villaverde, como Embaixadora dos Peixes e Mariscos de Laxe. «Resulta difícil de entender que hai apenas unhas semanas se estivese promocionando o peixe e marisco de Laxe e que agora a propia lonxa peche», apuntou a portavoz do BNG, Cristina Vázquez.

A formación lembrou tamén que o GALP Costa da Morte concedeu 29.140,17 euros para un proxecto de promoción dos pescados e mariscos da Lonxa de Laxe, cun prazo de execución ata outubro de 2026.

O BNG reclamou ademais coñecer a situación actual de Lonxamar, a iniciativa impulsada pola Confraría para a comercialización do produto, así como as actuacións levadas a cabo polo Concello ante a perda progresiva de actividade da lonxa.

Pola súa banda , a concelleira nacionalista Isabel Toja subliñou o valor histórico do recinto: «Estamos falando dunha parte da nosa historia e da nosa identidade como vila mariñeira». O BNG reclamou unha resposta clara das administracións e da Confraría sobre o futuro da comercialización das capturas da frota local.

FOTO-Xosé Manuel Lema/Adiante Galicia

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS