viernes, noviembre 6, 2026
InicioNoticiasPortos de Galicia licita por 4,1 millóns a reposición de firmes en...

Portos de Galicia licita por 4,1 millóns a reposición de firmes en 34 peiraos

A Xunta de Galicia destinará 4,1 millóns de euros a unha nova campaña de reposición e reforzo de firmes en 34 portos de titularidade autonómica, entre eles os de Camariñas, Muxía e Fisterra, na Costa da Morte. Segundo informou o Goberno galego, o Consello da Xunta tomou razón hoxe do inicio da licitación do contrato por parte de Portos de Galicia.

Segundo indica a Xunta, a iniciativa dá continuidade ás campañas realizadas en 2023 e 2025 e busca mellorar a seguridade e as condicións de circulación nos peiraos. Entre as actuacións previstas figuran novas capas de reforzo con mestura bituminosa de cinco centímetros de espesor, a rehabilitación do firme onde o pavimento está esgotado, a reposición de firmes de formigón armado e o saneamento de explanadas. O Goberno galego sinala que as zonas portuarias soportan máis tránsito e, polo tanto, maior desgaste.

Os portos beneficiados

Na provincia da Coruña, as obras afectarán 18 portos: Espasante (Ortigueira), Cariño, Cedeira, Sada, Caión (A Laracha), Camariñas, Muxía, Fisterra, Portocubelo, Muros, O Freixo (Outes), O Porto do Son, Aguiño e Castiñeiras (Ribeira), Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Cabo da Cruz e Bodión (Boiro).

Na provincia de Lugo, a actuación inclúe os portos de Ribadeo, Foz, Burela, Celeiro (Viveiro) e Viveiro.

En Pontevedra, os traballos realizaranse en Vilanova de Arousa, O Xufre (A Illa de Arousa), Tragove e Santo Tomé (Cambados), Pedras Negras (O Grove), Portonovo (Sanxenxo), O Covelo (Poio), Aldán e Cangas (Cangas de Morrazo), Meira (Moaña) e A Guarda.

Foto Consello da Xunta

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS