lunes, agosto 15, 2022
InicioNoticiasRosa Quintana: ”Sabemos pescar ben pero temos que vender mellor”

Rosa Quintana: ”Sabemos pescar ben pero temos que vender mellor”

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu á sinatura dun convenio de colaboración entre a confraría de Camariñas e a Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos(Agade).

Na súa visita, lembrou os investimentos de preto de 15 millóns de euros para impulsar e mellorar as infraestruturas no sector mar-industria do concello de Camariñas, desde o ano 2009.

Quintana incidiu nas actuacións actuais como os 110.000 euros destinados a reparar os danos dos temporais na lonxa, o proxecto de acondicionamento deste espazo con máis de 280.000 de investimento ou as melloras na fábrica de xeo, por importe de máis de 100.000 euros.

Comercialización de produtos do mar

Ademais destacou o convenio asinado, que permitirá unha mellor comercialización dos produtos do mar.»Sabemos pescar ben pero temos que vender mellor» dixo a conselleira.

Na súa visita estivo acompañada pola alcaldesa Sandra Ínsua, polos portavoces da oposición, Mauro Aufiero(PP) e Ilva Carril(BNG) e por membros da confraría encabezados polo partrón maior, Ramón Lema.

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -

MÁS NOTICIAS