miércoles, noviembre 11, 2026
InicioCultura marineraPreto de 55 alumnos da EFA Fonteboa coñecen o sector pesqueiro en...

Preto de 55 alumnos da EFA Fonteboa coñecen o sector pesqueiro en Camariñas

Preto de 55 estudantes de terceiro e cuarto da ESO da EFA Fonteboa participaron nunha visita a Camariñas para coñecer o funcionamento de diferentes actividades vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro. A xornada incluíu percorridos por unha piscifactoría, a Confraría de Pescadores e o porto da localidade.

A actividade desenvolveuse no marco do proxecto «Relevo xeracional: o futuro do mar», destinado a dar a coñecer entre a mocidade as profesións relacionadas coa pesca, o marisqueo e a acuicultura.

Stolt Sea Farm Camariñas

A primeira parada realizouse nas instalacións de Stolt Sea Farm, dedicadas ao cultivo de rodaballo. Os estudantes, distribuídos en dous grupos, percorreron a planta acompañados por persoal da empresa, que lles explicou as fases de cría, preengorde e engorde desta especie.

Durante a visita coñeceron tamén algúns datos da actividade produtiva. A piscifactoría alberga actualmente arredor de 1.260.000 exemplares de rodaballo e alcanza unha produción anual aproximada de 1.200 toneladas.

Posteriormente, o alumnado desprazouse á Confraría de Pescadores de Camariñas, onde Jackie Lista, presidenta da agrupación de mariscadoras, explicou o funcionamento da entidade e cuestións relacionadas coas vedas, as tallas mínimas e a xestión dos recursos mariños.

A bióloga da confraría abordou os traballos de seguimento da actividade pesqueira e explicou aspectos do sistema de poxas na lonxa.

A xornada concluíu cun percorrido polo porto, onde os participantes observaron distintas embarcacións e coñeceron as artes de pesca. Na actividade tamén estivo presente o xerente do GALP Costa da Morte, Guillermo González Díez.

O proxecto está promovido polos oito grupos de acción local do sector pesqueiro de Galicia, baixo a coordinación do GALP Ría de Arousa, en colaboración coa Consellería do Mar e co financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS