viernes, diciembre 13, 2024
InicioNoticiasDous mariñeiros dun barco de Portosín perden a vida nun naufraxio

Dous mariñeiros dun barco de Portosín perden a vida nun naufraxio

Dous mariñeiros do «Seimpre Güeto», barco cerqueiro con base en Portosín, faleceron este xoves cando retornaban a Galicia despois de traballar na costa asturiana. Barállase que un golpe de mar provocou a traxedia.

Esta é a crónica remitida Por AXEGA 112

Dous mariñeiros perderon a vida esta tarde logo dun naufraxio no que foron rescatadas outras oito persoas en Punta Candieira, a unha milla da costa,en Cedeira.Pouco antes das dúas e media desta tarde, Salvamento Marítimo informou ao 112 Galicia do naufraxio dun barco no que ían dez tripulantes, na costa desta localidade coruñesa.
Con estes datos, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deuse aviso, de xeito inmediato, ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Igualmente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración neste operativo da Policía Local de Cedeira e da Garda Civil e tamén puxeron os feitos en coñecemento de Protección Civil do municipio.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, dúas embarcacións que traballaban na mesma zona conseguiron rescatar a nove dos tripulantes. Debido á gravidade do estado que presentaba un deles, un helicóptero de Salvamento, o Helimer, desprazaouse ata o punto para trasladar ao mariñeiro. Con todo,  malia os esforzos da propia tripulación da aeronave, nada puideron facer por salvarlle a vida. Outro dos tripulantes estivo desaparecido algo máis de dúas horas ata que, outra embarcación que pescaba na zona, atopou o corpo sen vida.
Os demais mariñeiros foron trasladados polo barco que os rescatara en primeira instancia ata o porto de Cedeira, onde recibiron asistencia médica. 

Foto- Carlos Somorrostro- Marine Traffic
 

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS