viernes, abril 26, 2024
InicioNoticiasBiografías do Almirante Mourelle para as bibliotecas públicas da Costa da Morte

Biografías do Almirante Mourelle para as bibliotecas públicas da Costa da Morte


O Concello de Ponteceso e a Deputación da Coruña farán chegar a biografía sobre o almirante Mourelle a todas as bibliotecas públicas e colexios públicos da Costa da Morte.
Amancio Landín escribira a historia deste cormelán, pero esa biografía non tiña versión en galego e estaba descatalogada.

Nun fermoso exemplar que acaba de publicarse grazas á colaboración entre a Asociación Insua de Viastela de Corme, o Concello de Ponteceso e a Deputación da Coruña, poderemos disfrutar por vez primeira da versión en galego e do orixinal do seus diarios nos centros educativos e bibliotecas públicas que como dixo o Alcalde «aí é onde teñen que estar os libros, a disposición de todas e todos porque é unha edición moi limitada».

co director do CEIP Eduardo Pondal, José Manuel Villar


A presentación oficial do libro vai ser o 3 de decembro no Museo de Arte Contemporánea de Corme, pero nada máis recibilo o Concello de Ponteceso púxose en contacto cos centros educativos da Costa da Morte para facerlle chegar un dos exemplares.


Hoxe, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido reuniuse coa directora, Teresa Abelenda, e coa coordinadora de bibliotecas, Silvia Cándida Expósito, do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, co director do CEIP As Forcadas (Corme), Manuel Caridad e co director do CEIP Eduardo Pondal, José Manuel Villar, para entregarlle os exemplares e que os poñan á disposición das alumnas e alumnos nas bibliotecas dos centros para que poidan coñecer de preto as fazañas do noso ilustre veciño. O resto dos centros educativos e bibliotecas públicas que amosen interese polo exemplar, vano recibir por correo dende o Concello nos vindeiros días.


A gran inauguración que Mourelle merecía e que se tivo que suspender pola pandemia, chegará con grandes novidades a Corme, a localidade natal do Almirante Mourelle.

Manuel Caridad con García Carballido

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE PONTECESO

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS