domingo, febrero 8, 2026
InicioNoticiasO PPdeG solicita impulsar campañas de difusión do patrimonio subacuático

O PPdeG solicita impulsar campañas de difusión do patrimonio subacuático

A deputada do Grupo Popular e voceira do PP en Camariñas, Paula Mouzo Mas, anunciou hoxe que solicitará no Parlamento galego que a Xunta intensifique a cooperación coas entidades competentes no ámbito do patrimonio arqueolóxico subacuático para impulsar campañas destinadas ao coñecemento dos bens existentes nas costas galegas.

Paula Mouzo reuniuse co delegado da Real Liga Naval Española na Costa da Morte, Rafael Lema, a quen anunciou a presentación desta iniciativa no Parlamento de Galicia dada a relevancia do patrimonio arqueolóxico subacuático existente nas costas galegas, así como a necesidade de reforzar as políticas existentes para a protección, investigación e recuperación destes achados, que outorgan ademais grandes oportunidades turísticas.

PREVIR O ESPOLIO E ASEGURAR A SÚA CONSERVACIÓN

A deputada popular e Rafael Lema lembraron que a Xunta recuperou recentemente un canón de bronce pertencente a un buque do século XVI en Punta Sardiñeiro, no concello de Fisterra. “O obxectivo é previr o espolio e asegurar a correcta conservación desta peza, que pasará a formar parte dunha exposición museística”, explicou Paula Mouzo.

Así mesmo, indicou que a realización de campañas de coñecemento do patrimonio arqueolóxico subacuático “permitirá seguir afondando no estudo e difusión de sucesos acontecidos no pasado nas costas galegas, para o que resulta fundamental a difusión dos obxectos achados e o impulso de accións dirixidas á recuperación doutros bens afundidos”.

Nota de prensa do Partido Popular de Galicia

RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
- Advertisment -

MÁS NOTICIAS